Taller de rap e cultura en memoria de Manuel María


Lendo noticias de actualidade do actual panorama dunha das cousas que mais me gustan, o rap, atopei esta noticia en relación a Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadán a Manuel María mediante un espectáculo multimedia que abarcará dende lectura de poemas, música en directo, videocreacións e un taller de rap.
A partires das doce e media, na Sala Eisenman, baixo o lema 'Verso busca voz'. Ao tempo, os asistentes poderán desfrutar das improvisacións sonoras de Koroiev, e as videocreacións de DSK.
Previamente, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acoxerá un 'Obradoiro de poesía e rap' a cargo de Für alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) para xóvenes a partires de 8 anos, a partir das dez da mañá.
Os mais pequenos aproximaranse á figura de Manuel María a través do rap, os participantes desenrrolarán as súas habilidades musicais e literarias neste taller co que se busca motivar  ós rapaces a compoñer as súas propias creacións, fomentar a creatividade e o traballo en equipo, e dar a coñecer e difundir a obra de Manuel María.
Na miña opinión, pareceme unha boa oportunidade de acercar ós rapaces ó noso folclore, ademais de que as actividades que promovan a súa expresión artística por medio da literatura, da música, ou da rima neste caso, sempre terán unha connotación positiva nos nenos.
Resultado de imagen de talleres de rap galicia
Outros talleres de rap celebrados no país para vos fagades unha idea do que é:
Contra a violencia