Galicia en imaxes

Galicia para min, é o meu país a miña terra e un parte do meu corpo e da miña alma,o lugar onde nacín o lugar onde quero vivIr e o sitio onde espero morrer .Galicia para min son as súas paisaxes,o clima,os seus monumentos,a súa cultura propia,o seu idioma propio,as costumes desta terra,as súas tradiccións e a súas xentes. Isto é Galicia para min en imaxes.






O mellor actor galego (para min)

Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211Te doy mis ojosMientras duermes,Tamén la lluvia e los lunes al sol.
A súa traxectoria comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da Televisión de Galicia Mareas vivas, serie mítica da TVG e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luís Tosar. En febreiro de 2003 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Elenco no 2003 por Los lunes al sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Cela 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
Resultado de imagen de luis tosar
FILMOGRAFÍA: as súas películas máis famosas
  • 2016 Toro de Kike Maíllo
  • 2016 Cien años de perdón de Daniel Calparsoro
  • 2016 Galaicus de Luis Tosar
  • 2015 A cambio de nada de Daniel Guzmán
  • 2015 El desconocido de Dani de la Torre
  • 2015 Ma Ma de Julio Medem
  • 2014 Musarañas de Juan Fernando Andrés y Esteban Roel
  • 2014 El niño de Daniel Monzón
  • 2013 Una noche en el Viejo México de Emilio Aragón
  • 2013 Qué pena tu familia de Nicolás López
  • 2011 Mientras duermes de Jaume Balagueró
  • 2011 Crebinsky de Enrique Otero
  • 2010 Lope de Andrucha Waddington
  • 2010 O apóstolo de Fernando Cortizo
  • 2009 Mr. Nice de Bernard Rose
  • 2009 La noche que dejó de llover de Alfonso Zarauza
  • 2009 Celda 211 de Daniel Monzón
  • 2008 Casual Day de Max Lemcke
  • 2007 Normal con Alas de Coca Gómez
  • 2007 Las vidas de Celia de Antonio Chavarrías
  • 2006 Miami Vice de Michael Mann
  • 2006 Cargo de Clive Gordon
  • 2005 La noche del hermano de Santiago García de Leániz
  • 2005 Galatasaray-Depor de Hannes Stöhr
  • 2003 Te doy mis ojos de Icíar Bollaín
  • 2003 La flaqueza del bolchevique de Manuel Martín Cuenca
  • 2002 Los lunes al sol de Fernando León de Aranoa
  • 2000 La Comunidad de Álex de la Iglesia
  • 1998 Atilano presidente de Santiago Aguilar y Luis Guridi

  • Coma productor fixo o filme Crebinsky onde tamén foi actor, aunque ésta no es su primera experiencia como productor, ya que las películas 18 comidas y Al final del camino son dos buenos ejemplos del interés del gallego por esta otra faceta cinematográfica.

    2011 Crebinsky de Enrique Otero
    2010 18 comidas de Jorge Coira
    2009 Al final del camino de Roberto Santiago

    AS SÚAS OBRAS DE TEATRO:
  • 2011 A ópera dos tres reás, de Blanca Cendán.
  • 2006 Hamlet, de Lino Braxe y con Manuel Manquiña, Gonzalo Uriarte, Víctor Mosqueira y Miguel Piernas.
  • 2005 El zoo de cristal, de Agustín Alezzo y con Cristina Rota, María Botto y Juan Carlos Vellido.
  • 2001 La cena de los idiotas, de Francis Veber
  • Megalitismo

    Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora formaban parte dunha mesma zona megalítica, con arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que hoxe estimamos relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só en Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.
    O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

    Dolmens: Os dolmens simples son os máis antigos. Durante o período de maior desenvolvemento da cultura megalítica apareceron os dolmens de corredor, nos que estes corredores, de tamaño pequeno, se unen á cámara e se van ampliando cara ao exterior. Parece que os corredores tiveron importancia ritual, xa que neles teñen aparecido elementos simbólicos, coma estelas.



    Túmulos: As antas estaban parcial ou totalmente cubertas de terra, formando unha mámoa. Coñécense tamén coma medorras ou medoñas. As mámoas teñen planta circular ou ovalada, vense na paisaxe coma montes de terra suaves parecidos a mamas (de onde collen o nome) e son, polo xeral, visíbeis a longa distancia. A función destes túmulos é a de enterramento colectivo, xa que os mortos ían acompañados dun enxoval consistente en alimentos, armas, útiles, adornos e ídolos. Non se ten conservado ningún esqueleto debido á acidez do solo.














    Cistas: No último período do megalitismo os enterramentos fanse máis pequenos e consisten en túmulos secundarios en masas tumularias, túmulos sen cámara diferenciada e cistas sen túmulo.



    Menhires: Os menhires parece que non están relacionadas cos ritos funerarios. Existen poucos se se compara con outras áreas coma Gran Bretaña ou Bretaña. O máis coñecido é a Lapa de Gargantánd(Moraña), que mide 2,35 m de altura. Presenta unha escotadura, coma a dos ídolos dos dolmens con corredor, algunhas gravuras e decoración de cazoletas en todas as súas caras. O menhir de Cristal (Ribeira) mide 2,50 m, ten nove cazoletas nunha das caras e unha noutra. Coñécense outros menhires (tamén denominados pedrafitas), coma o de Pedra Chantada (Vilalba), o da Pedra Alta de Cortegada e outros dous en Guntín.

    Lendas de doniños

    Vou contar estas lendas porque eu son de Ferrol e me sinto identificado con isto. As lendas que vou poñer agora contáronmas a miña nai e a miña tía que me contou unha lenda cando era cativo.
    Lenda nº 1:
    Din que hai moitos anos cando os primeiros habitantes se asentaron nas terras de Ferrol, fixeron un poboado sobre a lagoa de Doniños. As casas serían de madeira sobresaíndo no medio das augas, enriba de piares para estar mellor defendidas dos ataques de animais salvaxes.
    Non hai probas de que este poboado existese pero si hai varias lendas falando dunha cidade chamada Valverde, que quedou afundida na lagoa de Doniños.
    Conta a lenda que o pobo quedou afundido porque unha vez chegou un pobre a pedir polas casas da cidade de Valverde e ninguén lle daba nada. Nunha vivenda, unha muller tiña dous nenos xémeos botou unha bola no forno, e cando estivo cocida deulle un cacho. O pobre díxolle que como había tanta xente mala ía correrlle unha desgraza á cidade. E engadiu:
     - Colle por ese camiño arriba e non mires para atrás
    E replicoulle a señora:
     - ¿E os meus fillos?
    Non se preocupe, déixeos no camiño que Deus que ben os ve xa gobernará. Ao marchar a muller, oíu un gran ruído e toda a cidade afundiu formando unha lagoa. Só se salvaron os dous nenos. Din que de aí ven o nome de Doniños.
    Lenda nº 2:
    Esta lenda conta que doniños se chama así porque uns pescadores atoparon dentro da lagoa a dous nenos afogados.
    Lenda nº 3:
    Dous andaluces viñeron a Galicia e tiveron dous fillos neste sitio (por eso lle chamaron Doniños, xa que os andaluces non pronuncian o s), e por esta mesma regra Maniños tomou o seu nome porque estes andaluces tiveron máis fillos.