Freestyler galego

Este mes arrancou de novo a máis famosa competición de hip hop freestyle de habla hispana do mundo, Refíromre á RedBull Btalla de los Gallos, unha competición na que participan todos os países de fala hispana.
Nesta competición temos representación galega, xa que o mc Force, un rapaz coruñés moi novo logrou entrar na competición por segundo ano consecutivo.
Na súa primeira intervención nesta competición no ano anterior, foi eliminado en cuartos de final fronte a un dos favoritos en Mallorca, realizando unha excelente competición eliminando a dous competidores coñecidos a nivel estatal, esta actuación e moi sorprendente tendo a en conta a curta idade do competidor galego, o lugar no que se celebraba, e a enorme cantidade de público que asistiu.

Nesta edición, entrou na semifinal estatal de León do 28 de maio na que loitará por entrar no podio que o clasificaría á final nacional celebrada en xullo nunha cidade aínda descoñecida.
Force parte como un dos favoritos pola súa pasada actuación, aínda que terá que estar concentrado debido ó gran número de mc´s con premios estatais.
Esperemos que poda facerse cun posto para a final nacional.
ElForce

Deixo o enlace dunha das súas batallas nesta competición:
Killer vs Force