Lendo o xornal, vin unha noticia na que sondeaba a intención de voto nas próximas elección autonómicas, nas que se apunta a unha nova victoria do PP, algo que non consigo entender, xa que a política estatal está a cambiar rompendo co bipartidismo que leva aturando a poboacion dende o inicio da democracia, especialmente estes ultimos anos nos que saen a luz casos de corrupción, que foron aproveitadois para a irrupción de novos partidos no panorama político, pero en Galicia a poboación segue arraigada ó bipartidismo.
Fixen esta entrada porque  agora que poderei votar, sinto unha responsabilidade como cidadán de interesarme pola política, e pareceume un dato curioso tendo en conta os cambios políticos a nivel estatal.